Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán A resaca de San Xoán, nunha praia con bandeira azul

A resaca de San Xoán, nunha praia con bandeira azul

Correo-e Imprimir PDF
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte

Os desperdicios arroxados por miles de persoas que celebraron a noite de San Xoán en Panxón converteron un ano máis estes areais protexidos nun vertedoiro. Como un auténtico vertedoiro. Así amence cada mañá de San Xoán a praia de Panxón, en Nigrán. E á primeira hora de onte volveu repetirse a mesma escena de cada ano.

O macrobotellón que supón a celebración da noite máis curta do ano neste lugar deixa un rastro de toneladas de cascallos sobre o que continúan «divertíndose» centenares de mozos ata ben entrada a mañá.

Ademais das fogueiras, miles de bolsas de plástico, botellas, envoltorios, restos de alimentos e toda clase de desperdicios supoñen unha agresión brutal a unha das xoias do turismo de Nigrán.

Fenómeno incontrolable

O goberno municipal vese incapaz de controlar un fenómeno de masas que se escapa das súas mans. Adeac aplaude a medida levada a cabo este ano de impedir que os vehículos da feira aparquen dentro dos areais, pero aínda aspira a que algún ano a celebración suspéndase completamente.

 

Continúa na Voz de Galicia

 

 

Imaxes da praia este ano 2008.

Fotos A.Martinez