Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Valverde abstívose no orzamento nigranés

Valverde abstívose no orzamento nigranés

Correo-e Imprimir PDF
O portavoz do PP de Nigrán, Alberto Valverde, aclara que o seu grupo non votou a favor dos orzamentos expostos pola coalición do PSOE e do BNG, senón que optaron pola abstención. Os populares decidiron non votar en contra do programa económico para outorgar unha certa marxe de confianza ao goberno local, a pesar de que non crean que sexa o documento que se merecen os veciños para mellorar a súa calidade de vida. Este grupo municipal tamén rexeitou as alegacións que se presentaron ao orzamento, amparándose nos informes de Intervención.