Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Reactivación do Porto pesqueiro de Panxón

Reactivación do Porto pesqueiro de Panxón

Correo-e Imprimir PDF
A Conselleira de Pesca e Asuntos Marítimos, Carmen Gallego Calvar, mantivo unha reunión de traballo co Alcalde, Efrén Juanes e o Concelleiro de Urbanismo, Juan González. Nesta xuntanza tratouse, entre outras cousas o tema do porto de Panxón e a praza de abastos.

A Conselleira avanzou que o seu departamento, a través das partidas recollidas nos orzamentos da Consellería de Pesca para o Plan de Infraestructuras Portuarias, procederá a instalar unha cámara frigorífica no porto de Panxón co obxectivo de que lle dea servizo ás apróximadamente 50 embarcacións que traballan na zona.

Gallego comprometeuse a apoiar ao Concello ante Portos de Galicia, dependente da Cosnsellería de Política Territorial, na ampiación do dique de abrigo do porto de Panxón.

Outra das cuestións tratadas na reunión foi a futura reforma da praza de abastos, que se está poñendo en marcha. Carmen Gallego trasladoulle ao Alcalde a colaboración do seu departamento para este proxecto que se acometerá en breve.