Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O anterior alcalde de Nigrán gastou nun ano 66.000 euros en avogados fóra do orzamento

O anterior alcalde de Nigrán gastou nun ano 66.000 euros en avogados fóra do orzamento

Correo-e Imprimir PDF

O ex-alcalde de Nigrán, Alfredo Rodríguez Millares, subscribiuse durante o seu mandato aos servizos xurídicos do bufete de avogados de Garrigues en Vigo e agora esta compañía reclama ás arcas municipais un total de 66.120 euros polos traballos realizados durante a súa última etapa na alcaldía. A cada veciño do municipio custaralle cinco euros pagar a minuta da defensa nos preitos nos que o dirixente político viuse envolto durante os últimos meses da súa xestión.

O antigo rexedor do PP preferiu porse en mans desta firma de avogados antes de contar cos medios propios do Concello.

Miralles utilizou este despacho da rúa Areal e ata non ocultou que algunha vez acudiu persoalmente á sede central de Madrid para asinar querelas.

Pero foron gastos que levou a cabo sen ningún tipo de consignación orzamentaria e agora chegou o momento de pagar unha factura, cuxa cifra é astronómica para unhas arcas municipais que quedaron esquilmadas tras a xestión do goberno anterior.

Por exemplo, cos 66.127 euros que o antigo rexedor gastouse en avogados poderían financiarse todas as actividades culturais do municipio durante un ano, sufragaríase a iluminación pública, a maior parte da reparación de viarias que están programados para o presente exercicio, ou coa metade manteríanse todos os colexios públicos dun curso escolar.

Continúa en La Voz de Galicia