Domingo, 6 Oct. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Comezan as obras no peirao de Panxón

Comezan as obras no peirao de Panxón

Correo-e Imprimir PDF
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte
A Consellería de Política Territorial a través do ente de Portos de Galicia ven de comenzar as obras de acondicionamento da rampa varadero do Porto de Panzón así como instalación de barandas ao longo do espigón para mellorar a seguridade dos traballadores e veciños, unha reivindicación do colectivo de mariñeiros que levan anos usando unha rampa en mal estado. O orzamento de esta primeira actuación achégase aos 59.789,50 €.

Esta obra complementarase despois do verán coa reorganización do Porto de Panxón establecendo novos accesos peoniís, reorganizando os aparcadoiros e sobre todo mellorando as instalacións dos traballadores e traballadoras do mar e que FOI UNHA DAS ESTRATEXIAS E OBXECTIVOS primordiais do novo goberno de Nigrán e da Concellería do Mar que dirixe Manuel Doldán Costas, apostar por un porto de Panzón ordenado e que de servizo a mariñeiros, vecinos, deportistas, pescadores... respetuosas co medioambiente e co entorno de Nigrán e non macroinstalacións pseudo-deportivas con intencións especulativas que acabarían destrozando a mellor das riquezas de Nigrán e de Panzón como é o seu entorno natural.  Esta segunda fase das obras xa aprobadas por Portos de Galicia e que se deixan para despois do período estival para non colapsar aínda máis o tránsito en Panxón. 

O vindeiro mércores 14 de maio nunha reunión en Santiago de Compostela do Alcalde de Nigrán Efrén Juanes e o Concelleiro do Mar, Manuel Doldán coa Conselleira de Pesca, Carmen Callego Calvar estableceranse liñas de inversión e colaboración entre o Concello de Nigrán e a Consellería para continuar coa política de melloras de todo o que teña que ver co mundo do mar e os mariñeiros ven desenrolando o novo Goberno de Nigrán.