Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Curso de informática en Nigrán

Curso de informática en Nigrán

Correo-e Imprimir PDF
O Concello de Nigrán a través da Concellería de Emprego e Xuventude  que dirixe Purificación Leal pon en marcha un Curso de Formación  (Formación en Inserción Profesional). O Plan Nacional de Formación e Inserción Profesional comprende o conxunto de accións de formación profesional ocupacional dirixidas aos traballadores/as desempregados, para proporcionarlles cualificacións requeridas polo sistema produtivo e insertalas laboralmente, cando os mesmos carezan de formación profesional específica ou súa cualificación resulte insuficiente ou inadecuada. O obxectivo concreto do curso é  manexar as ferramentas ofimáticas e internet, comprendendo a estrutura e funcionamento do sistema: procesador e textos, folla de cálculo, bases de datos, presentacións gráficas... Asemade impoartiránse os módulos trasbversales de igualdade de oportunidades e de busca activa de emprego

A selección de alumnos farase  a través da oficina de emprego de baiona e terá unha duración de 225 horas e  terá un horario de 9:00 ás 14:00 de luns a venres.

A data prevista de inicio do curso é o  28 de abril e a de finalización o 30 de xuño e o número de alumnos/as participantes será de 15 persoas