Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O PP pide dimisións pola crise da Policía de Nigrán

O PP pide dimisións pola crise da Policía de Nigrán

Correo-e Imprimir PDF
O Partido Popular, a través do seu portavoz Alberto Valverde, considera que o edil de Persoal, Juan Hermida, debe dimitir da súa responsabilidade, "ao haberse chegado a un puto insostenible co tema da Policía Local".
O PP estima que é evidente a existencia dun problema e que desde o goberno municipal vense incapaces de resolvelo, "o que está xerando un prejuicio importante aos veciños".

Alberto Valverde, no último pleno, declarou que "o único que se conseguiu coa medida adoptada polo bipartito de Nigrán ao suprimir a noite é a triplo IN". E exprésao así: In-seguridade dos veciños pola falta dun servizo fundamental como é o mantemento da seguridade cidadá; IN-satisfacción da Policía Local polas condicións en que realiza o seu traballo e a negociación respecto diso; e IN-capacidade do goberno para solucionar tales problemas.

Continúa no Faro de Vigo