Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Amnesia no xulgado de Vigo

Amnesia no xulgado de Vigo

Correo-e Imprimir PDF
Unha multitude de veciños de Nigrán atacaron o consistorio en xuño do 2006 para impedir que o goberno municipal aprobase o Plan Xeral. Unha trintena deles están agora imputados por un presunto delito de desordes públicas. Onte, responsables municipais deste Concello -que entón estaban na oposición e non ían apoiar o documento- afirmaron ante o xuíz non recordar que ningún deles cometese actos violentos.

«Con total seguridade podo afirmar que non vin a ningún veciño de Nigrán mostrar un comportamento agresivo nin violento durante aquel día». Así de tallante mostrábase onte o alcalde, o socialista Efrén Juanes, pouco antes de entrar no despacho do xuíz para someterse ao interrogatorio.

Continúa na Voz de Galicia