Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O orzamento de Nigrán ascende a 16 millóns de euros

O orzamento de Nigrán ascende a 16 millóns de euros

Correo-e Imprimir PDF

O goberno municipal de Nigrán someterá a pleno o próximo 31 de marzo uns orzamentos para este ano valorados en 16.102.500 euros. A cifra é cinco millóns de euros inferior á do exercicio pasado, pero non está inflada con ingresos doutras administracións que non están comprometidos nin constan aquelas obras nas que o Concello non ten que pór nin un só euro. De feito, o anterior goberno municipal só chegou a recadar 9 dos 21 millóns que tiña previstos.

Continúa na Voz de Galicia