Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O PSOE de Nigrán sorprendidos polas declaracións do BNG

O PSOE de Nigrán sorprendidos polas declaracións do BNG

Correo-e Imprimir PDF
A executiva local do PSOE de Nigrán mostrouse sorprendida polas declaracións realizadas polo responsable local do BNG criticando as charlas informativas que dende hai unha semán está a realizar o PSOE nas asociacións veciñais en Nigrán. O PSOE amosa a súa sorpresa xa que non entede "as razóns polas que o BNG se pode sentir tan molesto dado que a única finalidade destas charlas é explicar de primeira man a situación actual que compartimos os dous socios de goberno".

O PSOE de Nigrán considera que é un acto de "responsabilidade e transparencia explicar a todos os veciños e veciñas a situación real do seu Concello" e os motivos polo que este ano o seu presuposto vai se ver tan mermado.

Desminten que o traballo nos orzamentos estean paralizados.

O PSOE de Nigrán desmentiu rotundamente a acusación do responsable local sobre unha "paralización das reunións para pechar o novo presuposto". Aseguran que ambos socios de goberno levan meses de reunións para rematar un orzamento "complicado, difil, delicado e urxente para os intereses do concello."

Os PSOE valora positivamente o entendemento dos dous partidos políticos e confían que a acusación sexa froito "dun mal entendido ou dunha mala comunicación entre o responsable local do BNG e os seus compañeiros no goberno".