Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán A asamblea do BNG discrepa das charlas veciñais da executiva socialista de Nigrán

A asamblea do BNG discrepa das charlas veciñais da executiva socialista de Nigrán

Correo-e Imprimir PDF

A asemblea local do BNG de Nigrán reprochou onte ao grupo municipal do PSOE o atraso que acumula a elaboración dos orzamentos do concello para 2008, un documento que, segundo o responsable local do Bloque, Xabier Rodríguez, "aínda non pasa de ser un borrador". Pola contra fontes do PSOE de Nigrán negaron rotundamente que estiveran presentando ningún borrador de presupostos e invitan ao BNG a que coñeza de primeira man cal é a finalidade e contido desas xuntanzas veciñais, e que participen na tarefa de informar aos veciños.

O responsable local do BNG advertiu, ao PSOE da necesidade de cerrar as contas para evitar que o concello deba seguir traballando "cun presuposto prorrogado desde 2006".
Neste senso, mostrou a "total disposición" do seu partido a reanudar as conversas, "paralizadas non por razóns políticas, sino po la dificultade técnica que supón nivelar o desfase de casi un millón de euros que existe entre os ingresos reais e os gastos mínimos do concello", explicou.

O PSOE nega que exista paralización algunha nos traballos de realización dos novos orzamentos municipais, e aseguran que os representantes políticos dos dous partidos levan reuníndose todos estos meses precisamente para atallar a dificil situación económica que atravesa o concello.