Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O xuíz mantén a denuncia polos disturbios de Nigrán

O xuíz mantén a denuncia polos disturbios de Nigrán

Correo-e Imprimir PDF
O xulgado de Instrución número 7 de Vigo mantén abertas as dilixencias polos disturbios ocasionados durante o pleno do día 2 de xuño de 2006 no que o anterior goberno de Nigrán intentou aprobar o Plan Xeral. Unha trintena de veciños que foron identificados continúan á espera dunha decisión xudicial que podería obrigarlles a asumir responsabilidades polas desfeitas ocasionadas na Casa Consistorial durante aquela xornada.

Un trámite

Estas comparecencias serán un mero trámite xudicial e non aclarará nada a situación ás autoridades xudiciais sobre os feitos sucedidos aquel día. Como asegurou onte o edil de Urbanismo, non van pór o dedo acusador sobre ningún veciño que participou na revolta e a quenes están agradecidos.

«Xa dixemos publicamente en máis dunha ocasión que Nigrán pode manter un crecemento ordenado grazas aos veciños que foron responsables de que non se aprobase o Plan», afirmou onte este responsable político.