Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Un dos promotores máis importantes do Val Miñor e que deixa un rastro de obras polémicas

Un dos promotores máis importantes do Val Miñor e que deixa un rastro de obras polémicas

Correo-e Imprimir PDF
Carlos Rocha estábase consolidando como un dos promotores máis importantes do Val Miñor antes da súa detención. A súa primeira gran obra nesta comarca foi o centro comercial Século XXI da Ramallosa, que inaugurou no ano 99. Dous anos despois edificou dous inmobles de vivendas na rúa Manuel Lemos. As obras que viñeron despois estiveron marcadas pola polémica. A licenza de obra do edificio que edificou entre as rúas Mariñeiro e Jesús Espinosa foi moi controvertida, porque o anterior alcalde, Alfredo Rodríguez, outorgouna amparándose en informes externos, ao non contar co apoio dos técnicos municipais.

Cuestionouse o uso do subsolo deste edificio que rompe coa contorna da igrexa e tamén posúe un exceso de edificabilidade no baixo cuberta. A día de hoxe non dispón de licenza de primeira ocupación.

Continúa na Voz de Galicia