Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Nigrán celebra o sábado o día da árbore cunha plantación

Nigrán celebra o sábado o día da árbore cunha plantación

Correo-e Imprimir PDF

A concellaría de Medio Ambiente de Nigrán organiza unha plantación de árbores o vindeiro sábado con motivo do día forestal mundial. O edil Juan Hermida informa que se poden apuntar a esta actividade todas as persoas que o desexen. Esta iniciativa está especialmente deseñada para que participen nenos e nenas do municipio.

Os participantes reuniranse ás dez da mañá á beira do colexio Estudo en Chandebrito, para despois subir ao merendero de Camos, onde terá lugar a plantación. Ademais haberá un taller de confección de cestos de vimbia ata as dúas da tarde e un xantar.