Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán A humidade ameaza a estrutura do templo votivo de Panxón

A humidade ameaza a estrutura do templo votivo de Panxón

Correo-e Imprimir PDF
O Templo Votivo de Panxón atópase nunha situación preocupante debido á humidade e ás filtracións de auga que afectan á súa estrutura. A Asociación de Amigos dos Pazos deu a voz de alarma e lanzou a campaña «Conservemos o Templo Votivo do Mar». Os membros desta entidade entrevistaranse cos responsables municipais de Nigrán, da diocese de Tui-Vigo, a Xunta, a Deputación e con representantes de entidades financeiras e culturais, co obxectivo de sensibilizar e conseguir que se redacte e leve a efecto un proxecto de rehabilitación. Continúa na Voz de Galicia