Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Medioambiente e Urbanismo de Nigrán proxectan a recuperación do seu litoral

Medioambiente e Urbanismo de Nigrán proxectan a recuperación do seu litoral

Correo-e Imprimir PDF
Praia de Portocelo

Juan Hermida e Juan Gonzalez acudirán a Madrid para abordar varios proxectos dentro do plan de recupración do litoral do concello.

A Xefa de Demarcación de Costas de Pontevedra, Cristina de Paz e o Xefe de Servicios de Proxectos e Obras, Antonio Iglesias Magna, visitaron o Concello de Nigrán para por en marcha proxectos presentados polas Concellerías de Urbanismo e Medio Ambiente ao Director General de Costas do Goberno Central nunha recente reunión celebrada na cidade de Pontevedra para a recuperación integral do litoral do concello de Nigrán. Juan Hermida

Entre as obras que se executarán con carácter inmediato atópanse a continuación do proxecto de recuperación das Dunas de Panxón e Praia América que ven desenvolvendo nos últimos anos o Ministerio de Medio Ambiente no Concello de Nigrán con resultados altamente satisfactorios na recuperación do ecosistema dunar.  O concello conta que estas obras se inicien nun prazo de 20 días aproximadamente. 

Asimesmo a Directora da demarcación de Costas avanzou a execución de obras de conservación do litoral nas praias de Area Fofa e A Madorra, na parroquia de Panxón.  A diagnose das dúas actuacións centraranse na recuperación do areal (con aportacións de area para contrastar a erosión que se está a producir), a limpeza da praia así como a recuperación medioambiental do espacio ocupado por unha antiga estación de bombeo na praia da Madorra. En canto a Area Fofa, o concello conta con recuperarar o areal, instalarar un pequeño paseo de madeira pivotado e o acondicionamento dos accesos peonís ao areal.

A visita da Directora da demarcación de Costas e do Xefe de Servicios de Proxectos acompañados polo Concelleiro de Urbanismo Juan González, e do Concelleiro de Medio ambiente Juan Hermida rematou na praia de Arribas Brancas onde, recentemente, o Ministerio de Medio Ambiente instalou unha escaleira de madeira para facilitar o acceso a praia e salvar o desnivel de máis de dez metros.

A recuperación medio ambiental destes espacios e a conservación dos mesmos son en palabras dos concelleiros “as accións necesarias para compatibilizar o respeto e conservación do medio natural co seu uso como recurso turístico”.

Ademáis destas accións que se comenzarán a executar nas próximas semanas,  o concelleiro de Medio Ambiente e o concelleiro de Urbanismo acudirán a unha  reunión o vindeiro venres 18 de xaneiro co Director e o Subdirector General de Costas en Madrid, para aboradar o estudio e execución doutros proxectos que permitirán recuperar o valioso contorno litoral do concello de Nigrán.