Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Unha promotora realiza un aterramento ilegal en Nigrán

Unha promotora realiza un aterramento ilegal en Nigrán

Correo-e Imprimir PDF
O aterramento ocupa un area de 9000 m2
Unha promotora inmobiliaria leva a cabo un aterramento ilegal no barrio da Telleira nun área de preto de 9000 m2 cunha altura de dous metros sobre o nivel da estrada. A imaxe recorda ás obras de explanación lindeiras que se están a realizar no parque empresarial de Porto do Molle.
A terra acuamulada procede dunha excavación que realiza a mesma promotora noutra parcela situada na Avda. Val Miñor.
O aterramento está deixando uns taludes de considerable altura e que no caso de fortes choivas pode provocar o asulagamento e movemento de lodos ás casas e fincas colindantes, xa que a terra non está ainda compactada.
 
O concello enviou a inspección urbanística ao lugar e puido decatarse de que a empresa Vigolar había invadido unha finca privada. A concellería de urbanismo avisou ao veciño e aconsellou que denunciara urxentemente os feitos no xulgado de garda como segunda medida paralela á actuación do concello.
 
Os camións seguen estes días traendo terra e levantando outro nivel na esplanación nun día no que a maior parte da construcción non traballa seguindo as esixencias do novo convenio.