Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O pleno de Nigrán debatirá hoxe a suba de varios impostos municipais

O pleno de Nigrán debatirá hoxe a suba de varios impostos municipais

Correo-e Imprimir PDF
A sesión plenaria ordinaria de Nigrán que se celebrará hoxe mércores  á partir das 20h. debataría entre outros puntos á aprobación das subidas dos impostos municipais de rodaxe de vehículos, recollida do lixo, saneamento cun incremento do IPC aor redor do 3%, salvo no caso da rodaxe que terá que aplicarse á subida do IPC que non foi efectuada durante estes últimos 3 anos.

O pleno debatirá tamén a aprobación das tasas do aparcamento municipal da Ramallosa, unhas tasas que debería ser aprobadas antes da apertura do citado parking e que foi moitov de apercivimento por parte do concello ao estar cobrando ilegalmente polo estacionamento e sen ter ainda licenza de actividade.

No pleno tamén se debatirá a probación da cesión dos terreos de Gaifar ao Sergas para a construcción dun novo centro de saude. 

Ao final do pleno, e como ven sendo costume neste novo mandato os representantes dos colectivos veciñais poderán intervir no turno de rogos e preguntas.