Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O ex alcalde de Nigrán patrocinou con 36.000 euros unha festa na praia

O ex alcalde de Nigrán patrocinou con 36.000 euros unha festa na praia

Correo-e Imprimir PDF
Espectáculo de Snowbeach

O Concello de Nigrán gastou 36.000 euros nun só día durante o verán do ano pasado co patrocinio do espectáculo de neve na praia Snowbeach . Alfredo Rodríguez contratou en segredo a unha empresa para a organización do «Snowbeach» de Praia América. 

Os responsables do evento reclaman ao consistorio o pago de 13.000 euros que aínda non foron abonados.

O anterior alcalde, Alfredo Rodríguez Milleiros, comprometeu este gasto coa firma dun acordo secreto cos organizadores do evento, a empresa coruñesa de mercadotecnia Expanding World.

 

Compromiso de «gardar sixilo» sobre o acordado e un vídeo de 3.000 euros que non aparece

 

Quinta- Clásula de confidencialidad - Las partes se comprometen a guardar sigilo sobre todos los contenidos y demás aspectos de la celebración de los eventos y los espectáculos multimedia.

 

O ex alcalde de Nigrán, Alfredo Rodríguez, asinou coa empresa Expanding World o contrato para patrocinar o espectáculo de neve baixo un absoluto segredo. A falta de publicidade co que levou a cabo a contratación do evento quedou de manifesto nunha das cláusulas do acordo, na que ambas as partes se comprometían «a gardar sixilo sobre todos os contidos e demais aspectos da celebración dos eventos e os espectáculos multimedia». 

Continúa na Voz de Galicia