Sábado, 4 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán A reunión de portavoces de Nigrán fracasa ante a negativa dos grupos da oposición

A reunión de portavoces de Nigrán fracasa ante a negativa dos grupos da oposición

Correo-e Imprimir PDF

Alverto Valverde e Antonio Fernández non estiveron de acordo de que o goberno municipal se reunise antes cós veciños que cós grupos da oposición. En palabras do representante popular "o primeiro é acadar o consenso político e logo coa cidadanía". A pesar das noticias publicadas hoxe no Faro de Vigo a reunión de onte cos portavoces dos grupos políticos en Nigrán non chegou a bó porto xa que o popular Alberto Valverde e o independente Antonio Fernández rexeitaron debater sobre os traballos preliminares para o impulso do Conesello Sectorial para a elaboración do Plan Xeral de Ordenación Municipal.

A primeira controversia chegou por non querer realizar unha fotografía ante a presenza de un reporteiro do Faro de Vigo. A oposición tachou a escea como "una encerrona del gobierno municipal".  Resolto o incidente, os portavoces reuníronse na alcaldía onde agardaban o concellal de Participación Cidadá e Medio Ambiente, Juan Hermida e o concellal de urbanismo e facenda, Juan González.

Pese a que o acordo plenario non esixía a presencia do alcalde, se non por un concelleiro delegado PP e UCN  criticaron e negáronse a continuar coa sesión ante ausencia de Efrén Juanes; ainda que este último delegase no concelleiro de participación cidadá e medioambiente a súa presenza. 

Primeiro os políticos e logo os veciños

A terceira negativa da oposición para sentarse na mesa foi a crítica pola reunión mantida a pasada semán polo goberno municipal cós representantes veciñais. Segundo os populares o concello debería 

primeiro acadar un consenso político e logo falar coa cidadanía".

O equipo de goberno mostrou o seu total desacordo nesta postura lembrando que o consenso político xa foi acadado na última sesión plenaria aprobando a creación dos Consellos Sectoriais por unanimidade de todos os partidos políticos, e defenderon á postura de que "este PXOM sí vai a contar coa participación dos veciños por riba de todo".

Outra crítica dos partidos da oposición foi a contratación de asesores técnicos para coordinar os traballos coa cidadanía. Os populares consideran que "non son necesarios", pese a complexidade técnica que conleva o proceso de elaboración da auditoría social e medioambiental da Axenda 21 Local, que convertirá ao concello de Nigrán no primeiro concello de Galicia que elabore o seu plan xeral da man dun crecemento sostible. Unha decisión loada e aplaudida pola Xunta de Galicia e que comprometeu finanzamento con caracter urxente para o arranque deste proxecto.

O goberno municipal considera que as críticas da oposición están valeiras de contido, e só se centran na forma, pero non teñen argumentos para criticar o fondo da cuestión porque saben que non é custionable porque está ben plantexada.