Xoves, 9 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Eduación acuícola para os cativos e cativas en Nigrán

Eduación acuícola para os cativos e cativas en Nigrán

Correo-e Imprimir PDF
Aquarium Galicia

Hoxe presentouse ás 12 horas na Casa do Concello a programación de “Xogando en Nigrán” ata o próximo mes de decembro. A Concelleria de Educación que dirixe Mª Estela Pérez Pérez presentou o Ciclo chamado: “O Fondo do Mar”. Todas estas actividades pretender concienciar aos máis cativos sobre a importancia e o valor do noso medio, neste caso o mar.

As actividades levaranse a cabo o primeiro e terceiro sábado de cada mes.

AXENDA DE ACTIVIDADES 

 

  1. SABADO 6 DE OUTUBRO: Obradoiro de móviles Colgantes. Os nenos/as traerán caixas duras ou paus de brocheta e fíos. Centro Cultural de “a Carrasca” (11-13horas)
  2. SABADO 20 DE OUTUBRO:Obradoiro de fabricación de Acuarios. Os nenos/as traerán unha caixa un poco máis grande que a de zapatos, area, palillos e papel transparente de cor azul ou verde auga. Poderán traer conchas de moluscos. Centro Cultural As Angustias  (11-13horas)
  3. SABADO 3 DE NOVEMBRO: Visita ao Grove con saÍda en barco dende o peirao. Visitaranse as bateas onde se lles amosarán vieiras, ostras e mexilóns. Percorrido en barco de visión panorámica pola ría de Arousa para ver os peixes da costa.
  4. SABADO 17 DE NOVEMBRO: Obradoiro de Murais mariños. Os nenos/as traerán unha cartulina e area. Centro Cultural A Camoesa (11-13horas)
  5. SABADO 1 DE DECEMBRO:Obradoiro de Redes de pesca. Os nenos/as traerán unha bolsa de malla (como as que veñen coas laranxas) e fío. Poderán traer cunchas de moluscos. Centro Cultural de Panxón (11-13horas)
  6. SABADO 15 DE DECEMBRO: Visita ao porto de Panxón.
  7. SEGUNDA QUINCENA DE DECEMBRO: Exposición dos traballos feitos polos nenos/as nos distintos obradoiros sobre o mar e reportaxe fotográfico das excursións.