Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Nigrán celebra este mércores o seu primeiro pleno coa polémica do Porto deportivo de Panxón

Nigrán celebra este mércores o seu primeiro pleno coa polémica do Porto deportivo de Panxón

Correo-e Imprimir PDF
Porto de Panxón
BGN e UCN ainda non se posicionaron sobre o proxecto de porto de portivo redactado polo PP. No pleno debatirase a proposta do grupo Popular sobre actuación de Portos de Galicia sobre o proyecto de Porto Deportivos - Pesqueiro.

O PSOE de Nigrán móstrase contrario a este proxecto xa que segundo dín, no propio proxecto se asegura que o impacto desta instalación afectará severamente aos areais como o da Madorra e Area Fofa.

Segundo o concellal de medio ambiente Juan Hermida:

 

O proxecto de porto deportivo en Panxón debe ser unha proposta que, de ser necesaria, deberá encaixar no futuro PXOM. Este tipo de infraestructuras deben desenvolverse garantindo o encaixe coas infraestructura externas existentes e deberá contar con todos os informes necesarios que garantan o nulo impacto ambiental. Do proxecto que se está a falar non existe estudio de impacto ambiental se non un breve informe no que se afirma un impacto severo nos areais. O porto deportivo debe ser discutido no contexto das necesidades de Panxón en particular e de Nigrán en xeral onde haberá que priorizar a resolución das moitas carencias existentes.

 

As actuacións na costa comezan a pasar factura dende fai varios anos en moitos puntos do litoral galego. Os temporais de fai uns anos arrasaron co paseo marítimo de Panxón coma se o mar reclamase un espacio que lle pertencía.

As desaparecidas dunas tamén parecen querer recuperar o seu espazo, e a estrada que bordea a costa por Panxón da mostra delo á altura de Gaifar, onde por momentos queda tapada totalmente pola area.

O PSOE de Nigrán aposta por unha ordenación do porto de Panxón que prime por riba de todo o interese dos mariñeiros, dada a precaria situación en que se atopan as súas instalacións de traballo.

 O Partido popular aposta polo modelo deporto deportivo pesqueiro. Unha espazo compartido para a actividade de ocio e a profesional dos mariñeiros. Así mesmo solicita que se remita o proxecto redactado a Portos de Galicia para o seu dictamen.

UCN e BNG non fixero públicas as súas posturas referente a este punto. 

O pleno celebrarase no salón de plenos do Concello de Nigrán  mañá martes 26 ás 20 da tarde o primeiro pleno do novo exercicio. Os representantes das asociacións veciñais terán un turno de intervención ao final do pleno.

ORDE DO DÍA

  1. Acta anterior
  2.  Modificación (Nº 17) das normas subsidiarias de planeamento, referida á ordenación de rasantes e curbertas. Trámite de aprobación inicial.
  3. Actuacións relativas ao futuro Plan Xeral de Ordenación Municipal:
    • Impulso da redacción do PXOM e da creación dun consello sectorial.
    • Solicitude de subvención para a redacción do PXOM
    • Moción do grupo popular sobre o calendario das actuacións encamiñadas á redación do PXOM
  4. Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestas: Nomeamento de representante municipal na asamblea xeral.
  5. Convenio Marco de colaboración e cooperación coa empresa de Transformación Agraria (TRAGSA)
  6. Porto Deportivo Pesqueiro de Panxón: Moción do grupo popular demandando actuacións de portos de Galicia.
  7. Área metropolitana de Vigo: Moción do grupo popular de apoio aó contidos do anteproxecto de lei e enmenda do grupo BNG.
  8. RESOLUCIÓNS DA ALCALDÍA, ESPECIAL REFERENCIA Á CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO Nº 4474/2005
  9. Rogos e preguntas.