Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O porto deportivo de Panxón afectaría "severamente" á Madorra

O porto deportivo de Panxón afectaría "severamente" á Madorra

Correo-e Imprimir PDF
Porto de Panxón
Juanes asegura que o novo proxecto de porto deportivo en Panxón afectará "severamente" á dinamica do litoral. Así o recolle o propio informe medioambiental que acompaña o proxecto redactado polo anterior goberno.
A Madorra e Area Fofa entre outras terían unha afección medioambiental "severa" segundo recolle dito informe, ademáis que a súa ubicación estaría dentro dos lindes de protección de Rede Natura 2000.
 
O director de Portos de Galicia, Jacinto Parga, asegurou onte que dotará ao porto de Panxón cun novo pantalán flotante que permita reordear os amarres das embarcacións recreativas e pesqueiras. Un solucción ratificada polo goberno municipal de Nigrán e a Xunta de Galicia para garantir o desarrollo sostible da zoa.
 
Efrén Juanes manterá o vindeiro domingo unha reunión cos mariñeiros de Panxón para exporlles esta iniciativa así como o proxecto de reordenación do tráfico e terrazas que rodea o acceso ao porto de Panxón, onde o concello ten claro que debe seguir primando a actividade pesqueira desprazada nos últimos anos.
 
O PSOE tacha a actitude do PP e do presidente do RCN de Panxón de irresponsable por facer fronte común nunha campaña de desgaste ao goberno de Nigrán, ignorando o impacto medioambiental deste proxecto para os areais.  
"o desarrollo dun porto deportivo ten que vir da man do desarrollo urbanístico"
 O PSOE de Nigrán insite en que o anterior equipo de goberno non presentou proxecto ningún ofcialmente a Portos de Galicia, e así consta no rexistro de saída de Nigrán e no de entrada de Santiago, onde a única referencia a este asunto, é unha carta onde o concello de Nigrán consulta a Portos de Galicia "se pode encargar a realización dun proxecto de porto deportivo en Panxón" ao que Portos contesta afirmativamente a esa solicitude de redacción, pero en ningún momento o proxecto é presentado ante a institución autonómica para a súa valoración e estudo de viavilidade.