Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Nigrán promove un local de ensaio para grupos musicais

Nigrán promove un local de ensaio para grupos musicais

Correo-e Imprimir PDF
Artistas locais, entre eles, Iván Ferreiro, acudiron á reunión.
A Xunta estuda colaborar co Concello de Nigrán na dotación dun local público de ensaio para grupos artísticos do municipio. Así o manifestou onte o director xeral de Xuventude, Rubén Cela, nun encontro coa concellalas de Xuventude e Turismo, Purificación Leal e Estela Pérez, e artistas locais.

Músicos como Iván Ferreiro, Felipe Villar e integrantes de Mooncresta, asistiron á reunión co director xeral de xuventude.

Cela percorreu o municipio coa edil para visitar diversas instalacións nas que podería ubicarse o local demandado para evitar molestias aos veciños cos ensaios en garajes e baixos. 

 

 

 

 

Doutra banda, Purificación Leal solicitou de novo a Cela a instalación dun centro "Quérote" en Nigrán para contribuír ao asesoramiento dos mozos e mozas en materia de sexo.