Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O concello de Nigrán buscará a compatibilidade da bandeira azul e a festa de S

O concello de Nigrán buscará a compatibilidade da bandeira azul e a festa de S

Correo-e Imprimir PDF

Fonte. A Voz de Galicia. Os criterios da asociación de educación ambiental e do consumidor (Adeac) así como a propia Lei de Costas puxo entra a espada e a parede ao goberno local de Nigrán. O secretario xeral da entidade, concesionaria entre outros labores, das bandeiras azuis, José Palacios, que se onte entrevistou con varios edís do equipo de goberno, foi tallante, «é incompatible a celebración de macrobotellóns con este galardón e a propia Lei de Costas, que é a nosa maior colaboradora, establece a prohibición expresa de que vehículos invadan o areal». 
>> O anterior alcalde da vila comprometérase por escrito non permitir a actividade das festas de S. Xoán

O inspector de Adeac supervisou o martes pola tarde os tres areais do municipio que ostentan esta insignia, Panxón, Praia América e Patos. A súa valoración é máis que favorable polo que «a día de hoxe, non hai ningún risco de que perdan as bandeiras, o estado actual das praias é positivo, non hai máis que algún pequeno problema de fácil solución como a mellora da limpeza nalgún punto ou a conclusión dalgún acceso para persoas con discapacidade».

José Palacios destacou «a postura moi receptiva e colaboradora do goberno local, que xa asumiu estes mínimos arranxos». Palacios cualificou ademais de «excelentes» os servizos de socorrismo, o plan de rexeneración dunar e a información ambiental».O cabalo de batalla será conciliar o mantemento e protección destes espazos coa celebración dos grandes festexos, dous usos enfrontados xa por lei. 

Continúa en http://www.lavozdegalicia.es/ed_vigo/noticia.jsp?TEXTO=5995014&idioma=galego