Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O vandalismo de San Xoán pon en perigo as bandeiras azuis de Nigrán

O vandalismo de San Xoán pon en perigo as bandeiras azuis de Nigrán

Correo-e Imprimir PDF
Fonte - A Voz de Galicia. Praia América, Patos e Panxón, os tres areais do litoral nigranés que locen este ano bandeira azul, poderían perdela se se confirman as denuncias que a entidade concesionaria desta distinción asegura recibir.

Un inspector de Adeac (asociación de educación ambiental e do consumidor) realizará un recoñecemento esta mesma semana para supervisar as condicións actuais dos tres espazos. A visita responde a «a nosa preocupación ante as numerosas queixas que recibimos por parte dos usuarios e polo xeito de celebrar as festas de San Xoán». A postura da asociación é, a priori, taxante. «Haberá que falar co Concello de Nigrán para ver se lles interesan máis estas festas ou a bandeira azul». Continúa en http://www.lavozdegalicia.es/ed_vigo/noticia.jsp?TEXTO=5989373&idioma=galego