Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Nigrán solicita a súa adhesión á Axencia de Protección da Legalidade UrbanÃ

Nigrán solicita a súa adhesión á Axencia de Protección da Legalidade UrbanÃ

Correo-e Imprimir PDF
O concello de Nigrán comunicou a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes a súa adhesión á futura Axencia de Protección da Legalidade Urbanística que é un ente público de naturaza consorcial para o desenvolvemento en común pola Administración autonómica e os municipios integrados das funcións de inspección, restauración da legalidade e sanción en materia de urbanismo.

A súa finalidade esencial é velar pola utilización racional do solo conforme ao disposto na normativa reguladora do urbanismo, a ordenación do territorio e o litoral e as súas funcións son entre outras, a inspección e vixiancia urbanística sobre os actos de edificación e uso do solo; a adopción de medidas cautelares previstas na Lei 9/2002 de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia; a instrucción dos expedientes de reposición da legalidade e dos expedientes sancionadores por infraccións urbanísticas. Si entre os primeiros pasos do novo Goberno de Nigrán estivo o arquivo definitivo do PXOM con esta adhesión o Concello de Nigrán da un paso máis de cara a un urbanismo transparente e distánciase da política obscurantista do anterior goberno. Así o Concello de Nigrán velará pola legalidade urbanística en estreita colaboración coa Xunta de Galicia e a Axencia de protección atribuirase as competencias de inspección, supervisión, sanción e restablecemento da legalidade urbanística do concello.