Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Canto tempo podo estar ao sol en Nigrán?

Canto tempo podo estar ao sol en Nigrán?

Correo-e Imprimir PDF
Nigrán ten desde este verán praias intelixentes. ás tradicionais bandeiras que indican o grao de perigo do baño, súmanse agora outras que, en lugar de cores, mostran números que informan sobre o grao de incidencia dos raios ultravioleta. Praia América foi unha das primeiras en dispor deste novo servizo, que tamén se pode utilizar nos areais de Panxón e de Patos. O responsable de Medio Ambiente, Juan Hermida, deu onte a coñecer esta iniciativa durante os actos de colocación das tres bandeiras azuis que hondearán este verán no municipio. 

Este novo procedemento de cálculo permite aos usuarios coñecer os minutos exactos que poden permanecer expostos ao sol sen risco de sufrir queimaduras, segundo o seu tipo de pel e o factor de protección solar que utilicen. Continúa en http://www.lavozdegalicia.es/ed_vigo/noticia.jsp?CAT=111&TEXTO=5957251&idioma=galego