Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O novo goberno socialista retirará ás denuncias contra os veciños

O novo goberno socialista retirará ás denuncias contra os veciños

Correo-e Imprimir PDF
O novo goberno socialista liderado por Efrén Juanes en Nigrán facía público onte o seu compromiso de chegar á xente e contar con ela, dende o primeiro día. Por elo Efrén Juanes retirará a denuncia presentada polo alcalde en funcións Alfredo Rodríguez polos incidentes do 2 de xuño. Deste xeito a acusación particular, iniciada por Millares en nome do concello como parte implicada, a poderá facer se o considera por conta e responsabilidade propia e non a cargo das arcas municipais como ata o momento. 

Efrén Juanes foi moi claro neste punto. "Imputados somos toda a xente de ben de Nigrán que non queríamos un plan xeral baixo sospeita e que hipotecaba o futuro de todos nos". Efrén suliña que "se non foxe por estes veciños que se concentraron o 2 de xuño, Nigrán estaría sumido nun desfeita irreversible. Eles foron os auténticos heroes que levantaron o grito de basta xa a esta política amiguista e servil en Nigrán".

Onte declararon no xulgado os últimos imputados e imputadas polos feitos do 2 de xuño.
Efrén Juanes pretende devolver a dignidade e orgullo destes veciños e veciñas, que foron postos en evidencia públicamente, " o único xeito é devolver as augas ao cauce da serenidade e a paz, de onde xamais deberon sair".