Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Eleccións municipais 2007

Eleccións municipais 2007

Correo-e Imprimir PDF
Efrén Juanes votando no colexio H. Juanes

Hoxe os veciños e veciñas do Val Miñor están acudindo a exercer libremete o seu dereito de sufraxio. As mesas electorais presentaron dende primeira hora da mañán unha importante actividade. Nigrán e Sabarís presentaban os seus colexios públicos con gran concorrencia de xente.

O ambiente en Gondomar era de tranquilidade e confraternización entre as distintas forzas políticas onde o PSOE de Gondomar convidou a pasteis aos membros, interventores e apoderados das mesas electorais de todos os partidos.

O alcaldable por Nigrán Efrén Juanes achegouse ás 12:00h ao colexio Humberto Juanes para votar nunha concurrida sala. Efrén saudou a todos os membros da mesas e dos partidos políticos antes meter na furna o seu voto, desexando sorte a todos eles.