Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán UCN denunciado ante a xunta electoral por facer campaña na xornada de reflexió

UCN denunciado ante a xunta electoral por facer campaña na xornada de reflexió

Correo-e Imprimir PDF

O PSOE de Nigrán denuciou ao partido de Antonio Ferández, Unión Centrista de Nigrán, por facer campaña porta a porta na xornada de reflexión, que incumpre o punto primeiro do Artigo 144 da lei orgánica 5/1985 de Réxime Electoral Xeral que di textualmente:

1. Serán castigados coa pena de arresto maior ou multa de 30.00 a 300.000 pesetas quen leven a cabo algún dos actos seguintes:  a) Realizar actos de propaganda unha vez finalizado o prazo da Campaña Electoral. 

Os feitos producíronse hoxe pola mañán cando varios veciños da zona de Vilariño alertaron de que membros e colaboradores de UCN estaban repartindo publicidade e mecheiros do partido independente en plena xornada de reflexión. O agravante do asunto está no feito de facelo porta a porta como se hoxe fose outro día máis da campaña electoral.

Os feitos producíronse hoxe pola mañán cando varios veciños da zona de Vilariño alertaron de que membros e colaboradores de UCN estaban repartindo publicidade e mecheiros do partido independente en plena xornada de reflexión. O agravante do asunto está no feito de facelo porta a porta como se hoxe fose outro día máis de xornada electoral.
Varios veciños indigandos achegáronse á sede dos independentes para devolverlles a propaganda e advertirlles que o que estaban facendo era ilegal.
O PSOE denunciou os feitos ante a Xunta Electoral que o puxo en coñecemento da autoridade compentente. O PSOE denuncia que esta práctica deixa en evidencia o respeto que ten UCN ás leis cando o propio Antonio Fernández nos seus debates e mitines comeza dicindo que "UCN é un partido que defende a Constitución e a lei por riba de todo".