Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Un activo militante do PP calcinou o vehículo do membro do BNG

Un activo militante do PP calcinou o vehículo do membro do BNG

Correo-e Imprimir PDF
Fonte - A Voz de Galicia  O atentado que sufriu o portavoz do BNG de Nigrán, David Giráldez, en novembro de 2005 tivo, supostamente, unha motivación política. O empresario Ricardo Manuel Abal confesou o 1 de marzo ante a Garda Civil que pagou ao seu cuñado, José Giráldez Fernández , para que lle axudase a queimar o vehículo do edil nacionalista durante a noite do 19 de novembro daquel ano. Aínda que teñen o mesmo apelido o agresor e a vítima non son parentes.

Ricardo Manuel Abal recoñeceu que estaba moi enfadado porque o portavoz do grupo municipal do BNG denunciara en varias ocasións á empresa que está a nome da súa muller, Derribas e Obras Vigo, polo depósito ilegal de pedras nunha parcela do monte de Vilariño. A pinga que colmou o vaso foi unha información que apareceu publicada nun xornal local aquel mesmo día, na que David Giráldez denunciaba esta irregularidade urbanística. Continúa en http://www.lavozdegalicia.es/ed_vigo/noticia.jsp?TEXTO=5786796&idioma=galego