Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Maúxo presenta denuncia contra a agresión contra os pretroglifos de Castro Lap

Maúxo presenta denuncia contra a agresión contra os pretroglifos de Castro Lap

Correo-e Imprimir PDF
Fonte - A Voz de Galicia. O Club Espeleológico Maúxo presentou unha denuncia pola agresión a un conxunto de petroglifos da parroquia de Chandebrito. Uns destierres dunha canteira próxima en Castro Lapela afectaron a un camiño onde se atopa o xacemento arqueolóxico duns 4.000 anos de antigüidade. As obras da pala quedaron a pouca distancia de arrasar o gravado rupestre por completo, e unha pedra quedou xusto encima do conxunto, que se atopa catalogado.
Arqueólogos desta entidade afirmaron que estes traballos contaron co permiso verbal do presidente da comunidade de montes desta parroquia de Nigrán. Para estes especialistas esta situación ten o agravante de que non é a primeira vez que se producen este tipo de atentados en Chandebrito, unha localidade que, paradóxicamente, atópase inmersa nun proxecto de musealización do seu patrimonio arqueolóxico con fondos europeos.
O caso foi posto en coñecemento do Seprona, a Consellería de Cultura e a policía nacional. A presenza de petroglifos é moi común no área metropolitana de Vigo onde hai outros conflitos de intereses, como en Coruxo.