Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Nigrán: 60 metros por 240.000 euros0 metros por 240.000 euros

Nigrán: 60 metros por 240.000 euros0 metros por 240.000 euros

Correo-e Imprimir PDF
Fonte - O Correo Galego.   A lei do litoral esperta inquietudes entre os promotores e alcaldes de municipios da costa galega ·· Expertos arquitectos esixen a súa aplicación, mentres promotores e alcaldes ven ameazada a actividade constructora, motor económico de moitos municipios.

En Nigrán, onde un piso de 60 metros cadrados non custa menos de 240.000 euros, a nova lei do litoral aprobada onte polo Parlamento galego provoca unha reacción unánime, idéntico xesto, entre os integrantes do sector da construción: as mans á cabeza. Neste enclave turístico de Ríalas Baixas esta iniciativa xera preocupación, incredulidad, indignación entre constructores, promotores e axentes inmobiliarios, que auguran un escuro futuro para un sector vital nesta zona. O alcalde nigranés, Alfredo Rodríguez Millares, é contundente: "Non ten sentido". Sinala que "fan a previsión dunha lei para dous anos e desde fai tres anos paralizaron os plans xerais".

"É unha lei aplicable aos lugares nos que non haxa plan e PSOE e BNG cargáronse a maioría dos plans xerais. O que ten que facer é darlle argumentos políticos aos seus correligionarios e urbanísticos aos concellos", engade o regidor de Nigrán, quen recorda que "as normas subsidiarias son do ano 1987".

Miguel Alonso Fernández, copropietario da promotora Promina, subliña que "para nós, esta lei é fatal, terá un impacto terriblemente negativo no sector, e xa bastantes problemas temos agora".

"Xa hai pouco chan", advirte o promotor, quen engade que "a nós en particular non nos afecta agora mesmo porque as tres promociones que temos en marcha están afastadas da costa, unha delas, de 44 vivendas, a 700 metros, pero si o fará no futuro".

O asesor inmobiliario Víctor Guimil, de axénciaa Lago, lamenta "a pouca información" da que dispoñen e asegura que nos afectará muchísimo, impedirá que haxa infraestructuras para fomentar o turismo, que é o motor de Nigrán". "E está todo parado", di.


Continúa en http://www.elcorreogallego.es/index.php?option=com_content&task=blogsection&id=6&Itemid=9&idMenu=2&idNoticia=164426