Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Os colexios públicos de Ensino Infantil e Primaria de Nigrán terán menús á

Os colexios públicos de Ensino Infantil e Primaria de Nigrán terán menús á

Correo-e Imprimir PDF
O Diario Oficial de Galicia (DOG) do 5 de marzo publica unha orde pola que se regula a organización, funcionamento e xestión do servizo de comedor escolar nos centros docentes públicos non universitarios dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Este servicio que se ofertará gradualmente a todos os colexios, será de aplicación inmediata ós comedores escolares dos colexios públicos de educación infantil e primaria de Mallón de San Pedro de A Ramallosa, Carlos Casares de Vilariño, Humberto Juanes de Vilameán e Cruz Camos.

Pasarán a estar xestionados pola Xunta de Galicia, de cumprirse as previsións do Sr. Delegado de Educación de Pontevedra, segundo informou ós directores dos mesmos. Terán servicio gratuíto:

 a)    Todos os alumnos transportados, alumnado en situación socioeconómica desfavorable  e familias numerosas

 b)    Todas aquelas familias cuia renda neta anual da unidade familiar dividida entre o número de membros que a integra, non supere a cantidade de 3,5 veces o IPREM (indicador público de renda de efectos múltiples)

 c)  As familias non incluídas nos apartados anteriores serán beneficiarias de 50%.

Ata o de agora este servicio, que estaba xestionada polas ANPAs, corría a cargo dos pais con subvención parcial do Concello de Nigrán. Cabe sinalar que a Xunta tamén concedeu unha axuda para o curso 2006/2007, ás ANPAs que o solicitaron.

O servicio de comedor funcionará durante os nove meses de curso e repartirá comidas adaptadas ós nenos con necesidades dietéticas especiais, sempre que se acredite con certificado médico.

Con toda probabilidade se condicionará o transporte escolar ó número de alumnos que fagan uso do servicio de comedor.

Antonio Díaz Lombardero