Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O Concello estuda exercer a acusación contra 43 veciños polo altercado do plen

O Concello estuda exercer a acusación contra 43 veciños polo altercado do plen

Correo-e Imprimir PDF
Fonte- Faro de Vigo
Os colectivos de Nigrán censuran a acusación pública contra veciños.

O novo candidato do PP e novo partido UCN rexeitan pronunciarse sobre as intencións do goberno
O Concello de Nigrán estuda exercer a acusación particular contra os 43 veciños imputados por alteración da orde pública polos actos violentos ocorridos o día 2 de xuño de 2006. Un grupo de nigranenses invadiu naquela data a casa consistorial para impedir a aprobación inicial do Plan Xeral de Ordenación Municipal prevista nun pleno que tivo que ser suspendido. Fontes do goberno municipal informaron onte desta posibilidade de querellarse contra os acusados polos destrozos. En todo caso, o concello atópase acudido na causa como afectado polos danos ocasionados durante a protesta en que se romperon ventás e mobiliario ao lanzar pedras e outros obxectos contra o edificio. Os destrozos foron valorados polo alcalde recentemente nuns 12.000 euros.
O presidente da asociación de veciños de Camos, Cándido Costas, un dos citados polo xulgado, critica o feito de que o goberno estude "gastar o diñeiro público contra os veciños". O seu homólogo en Parada, José Nande, maniféstase en parecidos términos. "Non é correcto nin ético que o concello vaia contra os veciños", argumenta. O portavoz da asociación "Dunas" de Nigrán, Juan Hermida, considera que o goberno municipal "bota leña ao lume" do conflito cos veciños. O presidente do colectivo de Chandebrito, Víctor Vidal, tamén imputado, ata pide ao alcalde que recapacite e deixe atrás esta actitude. Vidal insta ata ao candidato do PP, Alberto Valverde, a "ser claro na súa postura" sobre este asunto.
Os partidos da oposición tamén mostraron onte o seu rotundo rexeitamento á postura do equipo de Alfredo Rodríguez. O portavoz do PSOE, Efrén Juanes, cualificou de "irresponsabilidad" a posibilidade de que o concello acuse de forma particular aos veciños "en lugar de contribuír a crear un clima de acougo". Pola súa banda, o representante do Bloque, David Giráldez, tacha a intención do goberno municipal de "barbaridade".


Continúa en Faro de Vigo . ES