Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Nigrán propón integrar lecer e pesca no porto deportivo da Madorra

Nigrán propón integrar lecer e pesca no porto deportivo da Madorra

Correo-e Imprimir PDF
Fonte - Varios
O PSOE cre que o proxecto do porto de Panxón caerá no esquecemento e que o PP e o PINN seguen malgastando diñeiro público
O proxecto básico do porto deportivo que o goberno municipal de Nigrán pretende desenvolver en Panxón modifica por completo a paisaxe litoral da zona cun orzamento de 24.471.610,40 euros. A proposta que o concello enviará esta semana a Portos de Galicia elimina o reencho do peirao e o dique de abrigo actuais co fin de integrar o club náutico e as instalacións do sector pesquero na futura área marítima, onde tamén haberá sitio para un varadero e unha nave para gardar embarcacións en terra.
Técnicos das empresas Alatec e Azti, que redactaron o proxecto encargado polo concello por 150.000 euros, presentaron onte as liñas principais do novedoso deseño. Se Portos aceptase a idea e decidise sacala a concurso, Panxón contaría en tres anos cun porto separado do litoral por unha ponte con acceso rodado e peatonal de 125 metros de longo, que partiría da Punta do Castro, en pártea sur da praia da Madorra. Continúa en http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pNumEjemplar=2970&pIdSeccion=3&pIdNoticia=131567&rand=1177476639842