Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Reunión cós veciños imputados polo 2 xuño

Reunión cós veciños imputados polo 2 xuño

Correo-e Imprimir PDF
DSCN7871.jpg
Todas as Asociacións Veciñais do concello de Nigrán, “Outeiro” de Parada, “A Irmandade” de Priegue, “O Castro” de Chandebrito, “Monteferro” de Panxón, “Areas Brancas, Seixos Negros e Portocelo” de Monteferro, “A Camoesa” de Camos, “Dunas” de Nigrán, “A Unión” de San Pedro, e o colectivo “Salvemos Monteferro” de Nigrán, a raíz das citacións xudiciais que un numeroso grupo de veciños está a recibir polo sucedido no Concello de Nigrán o 2 de xuño de 2006, convocan a todas as persoas citadas a unha reunión que terá lugar na casa de cultura de Camos, mañá martes, 10 de abril, ás 21:00.
Asimesmo aproveitan para manifestar a súa SOLIEDARIEDADE con todos os veciños imputados e expresar a súa REPULSA pola imputación destes cidadáns e cidadás polo ocurrido no Concello de Nigrán o 2 de xuño de 2006 debido á protesta xerada como resposta ó xeito no que se pretendía aprovar o PXOM no Pleno ordinario dese mesmo día.