Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Máis de 50 veciños imputados por desorde pública

Máis de 50 veciños imputados por desorde pública

Correo-e Imprimir PDF
Preto de 50 veciños de Nigrán recibiron unha chamada o venres pola mañán dos respectivos xulgados de paz do seu municipio para recoller unha citación como imputados nun delito de desorde pública.
Os feitos remóntanse ao pleno do 2 de xuño onde a corporación municipal de Nigrán pretendía levar a pleno a provación inicial do plan xeral que baixo porta pechada impedindo que os veciños puidesen entrar no salón do pleno.

Algúns deste veciños aseguraban onte que estaban dentro do local, porque era imposible sair cando ocorriron os feitos. A xente non dubida a que ista actuación non é máis que para "meter medo aos veciños antes das eleccións". As denuncias están xerando novamente a unión da fronte veciñal de Nigrán dunha forma unánime e máis unida que durante o proceso de rexeitamento do PXOM de Nigrán.

As Asociación de Veciños do concello de Nigrán, “A Irmandade” de Priegue, “O Castro” de Chandebrito, “Monteferro” de Panxón, “Areas Brancas, Seixos Negros e Portocelo” de Monteferro, “A Camoesa” de Camos, “Dunas” de Nigrán, "Outeiro" de Parada,  e o colectivo “Salvemos Monteferro” de Nigrán, fixeron público hoxe un comunicado no que expresan a súa solidaridade con todos os veciños imputados e poñen a súa disposición servizos de asistencia xurídica necesaria durante o proceso xudicial.

Por elo fan un chamamento público para os afectados e afectadas polos feitos se poñan en contacto con calquera dos integrantes das resepctivas directivas das AAVV parroquiais. As citadas asociacións convocan para o próximos 10 de abril ás 21:00 h unha reunión con todos os veciños afectados na Casa da Cultura de Camos.

Asimesmo, os colectivos asinantes expresan a súa repulsa pola imputación destes cidadáns e cidadás polo ocurrido no concello o 2 de xuño de 2006. 

Plan baixo sospeita

Os feitos polos que os veciños foron citados refírense ao pleno do 2 de xuño do 2006, no que as protestas da rúa quentáronse tras restrinxir a entrada ao salón a só 20 veciños. Esta presión veciñal impediu que se aprobase o plan xeral, na actualidade baixo sospeita de corrupción urbanística e polo que foron imputados 5 concellais do actual goberno que dirixe o popular Alfredo Rodriguez Millares. 
A situación do 2 de xuño foi unha provocación clara aos veciños no que a corporación non dubidaba en aprobar o plan xeral literalmente "por cojones".

Durante os altercados, entre os que houbo ata unha choiva de pedradas que rompeu os cristais da estancia, os concelleiros refuxiáronse na alcaldía e finalmente tiveron que saír escoltados polos antidisturbios.

A pesar de que no seu momento o alcalde, Alfredo Rodríguez, quixo renovar o pleno a porta pechada, os edís da oposición decidiron non apoiar esta iniciativa.