Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán A ordenación do territorio. Os espazos naturais e o patrimonio.

A ordenación do territorio. Os espazos naturais e o patrimonio.

Correo-e Imprimir PDF
O sábado 17 marzo ás 7 da tarde no colexio H. Juanes Vilameán, terá lugar o terceiro acto das Xornadas de Urbanismo de Nigrán có tema A ordenación do territorio. Os espazos naturais e o patrimonio.

As xornadas de urbanismo de Nigrán continúan co seu programa este sábado contado coa intervención de Adela Figueroa, Fernando Lauerta, Xabier Groba e Xose Lois Vilar.

O éxito de participación nas anteriores xornadas, cun salón de actos cheo con preto de 150 persoas é un logro de participación para un acto cidadá como as xornadas.

As tertulias xeras ao redor da temática da xornada, está sendo moi ben acollido polos veciños e veciñas do Val Miñor que se achegan ata o colexio de Vilameán para escoitar outros puntos de vista sobre a xestión do urbanismo no municipio.

Os colectivos organizadores estamos seguros que esta nova xornada será aínda máis atractiva para o público participante xa que darán mostra da riqueza patrimonial, natural, cultural e paixaxística do Val Miñor, e os perigos que padece ou pode padecer por culpa dunha mala xestión do urbanismo.


Adela Figueroa Panisse
Catedrática en Bioloxía e Xeoloxía, é presidenta da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA), complementa a súa actividade docente coa participación activa en numerosas institucións ecoloxístas e pedagóxicas como UNICEF, ISSOL ou o Colexio Oficial de Biólogos de Galiza.

SINOPSE
Concepto e valor da Biodiversidade. Concepto e valor da Paisaxe
A necesidade da ordenación do territorio nuha sociedade en mudanza como a galega. A necesidade da protección ambiental en xeral e en particular en Galiza.
As figuras de protección. Percepción da sociedade acerca da preservación do territorio. Actuacións de custodia do territorio.

Fernando Lahuerta Mouriño
Biológo e director da sección de medio Ambiente do Instituto de Estudos Miñoranos. Residente en Nigrán, ten publicado numeros artigos e estudos referentes a sedimentación, vexetación e fauna do esteiro da Foz (Ramallosa). Ten participado en numerosas conferencias sobre productividade e contaminación das rías galegas, ou a proteción e xestión dos montes galegos.

SINOPSE
Situación dos espazos naturais no Val Miñor . Os perigo dun crecemento urbanístico non controlado (contaminación, invasión de humidais, a construcción nas contornas fluviais)

Xabier Groba González
Presidente do Clube Espeleolóxico Mauxo. Ten publicado numerosos libros sobre as covas e petroglifos na contorna Miñorán e area metropolitana de Vigo.

SINOPSE
O Campo de Golf en Chandebrito. As súas consecuencias.

Xosé Lois Vilar Pedreira
Baiona 1965, Licenciado en Xeografía e Historia, director da sección de Arqueoloxía e Prehistoria do Instituto de Estudos Miñoranos e membro da Asociación Galega de Onomástica.
Ten realizado excavacións e estudos no Val Miñor (Chan do Cereixo, Panxón,…), e na súa contorna como Toralla, Esposende, As Neves, …con dedicación especial a arte rupestre no noso país.
Realizou con Roberto Rodríguez Álvarez a recollida da toponimia costeria dende o Rio Miño ata a Praia de Patos.
Actualmente está realizando en colaboración con Carlos Méixome, un estudo sobre a represión franquista no val Miñor dende 1931 a 1939.

SINOPSE
Unha ollada ao patrimonio, sobre todo moble, no Val Miñor, sen esquecer unha cita do patrimonio intanxible facendo unha análise da importancia no plano miñorano galego e universal. Unha comparativa ao desenvolvemento do Val Miñor e a atención ao patrimonio facendo un repaso as principais iniciativas sobre a temática.
Necesidades do Val Miñor para a explotación do seu patrimonio cultural (musealización, actividade cultural,…)