Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Obrigado en pleno a rectificar a carta sobre a recollida de podas

Obrigado en pleno a rectificar a carta sobre a recollida de podas

Correo-e Imprimir PDF
O alcalde de Nigrán Alfredo Rodríguez enviu aos veciños e veciñas de Nigrán preto de 10.000 cartas con selo e membrete do concello de Nigrán, onde se "lamentaba" por non poder recoller as podas gratuítamente arduindo que fora por mor dos grupos da oposición, PSOE, BNG, da astención de Aurora Carvajal e o voto en contra de Antonio Fernandez.

Así mesmo relataba un amplo texto de feitos que nada teñen que ver coa realidade do servizo municipal denunciado pola Asociación de Veciños de Nigrán e que mesmo demostrou innumerables incumprimentos do servizo ata o punto de que camións muncipais do concello de Nigrán recollían o lixo en Baiona e na Guarda.

O servizo de podas ao que se refería o alcalde na súa carta, é un servizo xa contemplado e includído nas condicións do contrato coa actual concesionaria CESPA e polo tanto un servizo que os contribuintes pagan relixiosamente.

O pleno acordou por maioria obrigar ao alcade de Nigrán rectificar a súa carta enviando polo mesmo medio, correo ordinario, preto de 10.000 cartas cunha copia da acta da sesión plenaria do 26 de xaneiro onde quedaba patente que o concello pretne´dia cobrar por un servizo que debería estar sendo xestionado por CESPA.

Derroches municipais
A broma da carta supón outro derroche do xestor municipal, rondando os 9.000 euros do envio da carta, máis outro 9.000 de reposición da citada. 18.000 euros gastados innecesariamente e con mala intencionalidade xa que son unha evidente manipulación contra os veciños e veciñas de Nigrán.

A esta partida podemos sumarlle outras partidas como a do pleno extraordinario do pasado 25 de outubro, no que o concello gastou en 2 plenos 9600€  e preto de 10.000 euros en sendos anuncios na prensa local onde denunciaba aos veciños que protestaban no pleno sobre a decisión da retirada do PXOM que se debatiría en sesión plenaria ordinaria ese mesmo venres.
http://www.nigran.org/anuncios/images/atlantico.jpg

As arcas municipais
As arcas municipais de Nigrán terán unha débeda de case sete millóns de euros cando o alcalde, Alfredo Rodríguez Millares, acabe o actual mandato no mes de maio do próximo ano.
O rexidor do PP pasará á historia local por ser o político que máis créditos pediu aos bancos. Os préstamos solicitados desde que asumiu o bastón de mando no 2003 ascenden a un total de 4.903.203 euros.
A liquidación desta cantidade limitará a capacidade de investimento local e empeñará os orzamentos ao longo dos próximos 15 anos. O último crédito foi aprobado nun pleno de novembro do pasado ano cos votos do PP e do PINN por un importe de 261.227 euros. Dez días antes o rexidor contratou outro por valor de 1.126.632 euros.