Fonte - A Voz de Galicia
Estacionamentos Vale Miñor pedirá un crédito de 2.900.000 euros para cubrir a totalidade dos gastos de construción do aparcadoiro subterráneo da Ramallosa, en Nigrán. O pleno decidirá hoxe se permite que esta empresa utilice a concesión como aval ante Caixanova, tal e como solicitou formalmente ao Concello.
Esta entidade bancaria podería desta forma facerse no futuro co control do aparcadoiro se finalmente a compañía do ex-directivo do Celta, Ricardo Barros Hermida, tivese problemas para pagar a débeda. O alcalde terá dificultades para sacar adiante este asunto no pleno de hoxe.