Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Reivindican os actos vandálicos a sede local do PSOE en Nigrán

Reivindican os actos vandálicos a sede local do PSOE en Nigrán

Correo-e Imprimir PDF
O xornal web independente www.galizalivre.org publica na súa portada que un comunicante anónimo enviou un correo reivindicando a acción e sinalando a responsabilidade do PSOE en grandes manobras urbanísticas.

A sede local do PSOE foi atacada o pasado 13 de febreiro e amenceu con pintadas na fachada e rotura de diversos cristais. Barallábanse diferentes hipóteses, dado o conflitivo da situación local, axitada polo polémico PXOM. O comunicado chama tamén a proseguir 'coa resistência galega'.

As ou os atacantes dicen 'querer sinalar as responsabilidades deste partido'. Acúsano de ser cómprice coa urbanización dos concellos costeiros. Tamén destacan actuacións en matéria urbanística ou represiva de Abel Caballero e Ameijeiras, actual delegado do goberno de España.

Ao primeiro dos políticos o relacionan coas obras do porto de Vigo', e ao segundo 'de dirixir operacións represivas contra a disidencia galega'.

Dicen, para rematar, que 'a in-acción é o pior dos remédios e a luita a única das solucións'. 
Fechan o texto com vivas a Galiza ceive e chamam á resistencia galega.