Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O alcalde de Nigrán retira a moción do imposto sobre a recollida de podas

O alcalde de Nigrán retira a moción do imposto sobre a recollida de podas

Correo-e Imprimir PDF
A asociación de veciños de Nigrán valora a presentación do informe perante os tribunais.
A sesión plenaria de hoxe no concello de Nigrán volveu a deixar pampos aos veciños alí presentes que escoitaban un cruce de desculpas que ningúnha delas servía para aclarar nen xustificar as irrgularidades detectadas no servizo de recollida de residuos urbáns.
Alfredo Rodríguez acusou é tildou a Asociación de Veciños Dunas de Nigrán como "brazo veciñal do PSOE", arduindo que os argumentos da asociación e da formación eran os mesmos.

Alfredo xustificou que o motivo de que os camións estiveran en Baiona en na Guarda responde a que "CESPA é unha empresa grande, con moita maquinaria e persoal e eles xestioanaban a recollida".
A aplicación desta suba na recollida de podas foi argumentada porque "os veciños de Nigrán teñen jardincitos e todos queren telos limpos e iso supon moitos restos de podas que non se poden atender e deposítanse nos contenedores". O concellal de contratación e persoal, Eduardo Misa, afirmou inconscientemente incluso que o concello movera persoal operario do propio concello para realizar estas tarefas de recollida de podas.

O concello arduía a que os veciños levaran as podas aos 2 puntos limpos que dispón o concello.
Un deles, o de Vilariño foi denunciado recentemente ante o Seprona por ser ielgal ao estar situado preto das casas e do colexio e por ser un terreo vendido polos monxes capuchino para a construcción de vivenda para os pobres.

Punto que foi rápidamente contestado por David Giraldez, que preguntou "qué persoal era ese do concello", dado que a recollida de podas tal e como contempla o contrato é responsabilidade única do persoal de CESPA.

Finalmente foi desestimada a aprobación da suba de tasas de recollida de podas, pero dada a flata de xustificación das irregularidades detectadas, a deixadez de responsabilidades por parte do concello, a Asociación de Veciños de Dunas de Nigrán valora a presentación do citado informe ante a xustiza.