Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Salvemos Monteferro cumpre un ano de actividade en procura dunha figura de prote

Salvemos Monteferro cumpre un ano de actividade en procura dunha figura de prote

Correo-e Imprimir PDF
 O grupo ecoloxista cumpriu o venres pasado un ano de actividade e presión social para impedir a execución do proxecto emprendido pola diputación do Pontevedra e o concello de Nigrán.
O proxecto pretendía urbanizar con viais e aparacadoiros o perímetros da carretera de subida e un novo trazado de baixada de circunvalación no citado monte.
A magnitude e proporcións das obras que se pretendían facer en Monteferro foron interpretados por este colectivo como algo "esaxerado e innecesario" dada a actividade que tiña o monte.

Por elo recolleron máis de 9500 firmas e redactraon un proxecto alternativo para o aproveitamento de Monteferro que respetase ao máximo a contorna natural. Asi memo presentaro sendas denuncias ante as concellerías de Medio Ambente, Medio Rural e Política territorial, xa que o proxecto icumpría as propias normas subsidiarias do concello de Nigrán.

Unha vez rotro o contrato de execución das obras previstas en Monteferro, o grupo ecoloxista perseguirá ata conseguir unha figura de protección para o contorno de Monteferro.

Salvemos Monteferro lembra que son partidarios de mellorar os accesos que hai agora mesmo, e mesmo os camiños que discorren ao longo do monte, sempre e cando se respeten as leis vixentes de protección dada a importancia hoxe en día dos espazos verdes na zona da costa