Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Nigrán celebrará hoxe pleno sobre a liquidación do orzamento

Nigrán celebrará hoxe pleno sobre a liquidación do orzamento

Correo-e Imprimir PDF
normal_DSCN1349.jpg

O concello gastou nunha comida cos funcionarios preto de 3000€.
O Partido popular non presentará ningunha proposta ante un equipo de goberno profundamente desmembrado.

O pleno de hoxe iniciase cunha polemica factura dunha comida pagada a contas do concello. A edil Socialista Xosefa Barreiro pedirá explicacións ante un cargo que considera excesivo tendo en conta as carencias en materia social que presenta o concello de Nigrán e o endeudamento de 7 millóns de euros.

Por outra banda o BGN presentará hoxe unha moción para o arranxo da estrada Camos-Vincios e outra refereida á entrega de documentación do PXOM.

As comidas
Os rumores sobre manipulación neste tipo de actos non deixa de balde ao equipo popular. Moitos veciños asegurarón que na última cea do Partido Popular foran invitados e que mesmo a Policía Local foi a encargada de entregarlle as invitacións na súa casa, actividade que foi moi criticada nos seus días por utilizar a policía local como instrumento particular dun partido e non utilizar os cauces normais de reparto por correo postal ou mensaxería.