Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O pleno saca á luz un documento que fala da negociación dun convenio urbaníst

O pleno saca á luz un documento que fala da negociación dun convenio urbaníst

Correo-e Imprimir PDF

O documento fala dun compromiso de convenio urbanístico que recalificaría unha parcela na zona de Condominguez. 
O alcalde de Nigrán resta darlle importancia ao documento e acusa ao PSOE de ser a equipa que negociou dito compromiso.

O escrito foi feito público no último pleno polo representante do BNG David Giraldez.
A sesión plenaria ordinaria do 24 de novembro no Concello de Nigrán pechouse coa sorpresa do escrito lido polo representante do grupo nacionalista, David Giráldez ante a mirada atónita dos presentes. 

>>>> Ver o documento

David Giraldez afirmou onte no pleno, ter nas súas mans un escrito de rexistro de entrada do Concello número 259 do 14 de xaneiro de 2005 no que José Antonio Vázquez, en representación das sociedades Monleon S.A. e CN S.L. fixeron unha proposta de Convenio Urbanístico para o futuro PXOM sobra unha parcela propiedade das citadas sociedades, sita nas Angustias, na zona debaixo dos depósitos de Condominguez.

En dito escrito, que tivo acceso valminor.info, se fai mención a que a proposta de convenio urbanístico foin consensuada coa Corporación Municipal, feito que o BNG desminte totalmente xa que segundo argumenta David Giraldez "eu formo parte desta corporación municipa e ainda chegou este escrito ás miñas mans fai uns poucos días".

O escrito chega a afirmar incluso da existencia dun compromiso moral da corporación municipal de incorporar a parcela ao solo edificable do novo PXOM.

David Giraldez, ante os feitos, solicitou a entrega a todos os grupos municipais de copia de todos os escritos entrantes no rexistro do concello de Nigrán referidos ao PXOM que tivesen data posterior á da exposición pública do Avance do plan xeral.

O BNG considera que o documento citado demostra a denuncia feita pola fiscalía pola que Alfredo Rodríguez e cinco concellais foron acusados dun suposto tráfico de influencias na radacción do PXOM.  Así mesmo o documento confirma que o PXOM non foi elaborado coa participación de todos os grupos municipais e fai pensar que o alcalde comprometeu negociacións prohibidas durante a elaboración do PXOM.

O alcalde de Nigrán atribue o compromiso de convenio aos socialistas.

O alcalde de Nigrán nega haber mantido ningunha negociación con dito representante e explica que esa negociación ou compromiso mantívose durante a época de goberno do grupo socialistas presidido por Manuel Rial.
Alfredo Rodríguez sinala que estas empresa se dirixiron a él para recordarlle un compromiso acordado con Manuel Rial polo que a súa finca pasaba a ser recalificada despois de permitir a colocación de varias tuberias da estación de augas.

Alfredo nega ter negociado ningún convenio a espaldas da comisión e argumenta que el sómentes se limitou a trasladar a solicitude ao equipo redactor o cal non considerou xustificada a recalificación de esa parcela, e como tal, e seu uso non foi modificadono futuro PXOM que se pretendía aprobar.