Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Salvemos Monteferro convoca unha asamblea xeral informativa

Salvemos Monteferro convoca unha asamblea xeral informativa

Correo-e Imprimir PDF
Preme para ver a foto ampliada

A plataforma veciñal pola defensa do entorno natural de Monteferro, convoca unha asamblea xeral informativa para este sábado 25 de novembro no salón de usos múltiples do IES Val Miñor, ás 19 horas.

O motivo da convocatoria segundo relata Salvemos Monteferro é abordar e informar sobre a situación actual do proxecto de vial pretendido polo concello de Nigrán e a Diputación de Pontevedra, motivo de discusión e enfrentamento dado o impacto do citado proxecto.
Ante as noticas de reactivación da actividade do proxecto que permanece parado pola Xunta, Salvemos Monteferro iniciou estás semáns novas xestións e entrevistas cos membros dos organismo e consellerías competentes para tomar nota e intervir sobre a decisión de actuación no citado monte.

Así mesmo Salvemos Monteferro informará sobre a nova adhesión á Rede Litoral Viva, unha plataforma que engloba a todos os colectivos locais que están en contra de 15 actuacións que consideran un atentado contra o litoral da ría de Vigo.
Dita plataforma organiza para o próximo 2 de nadal unha marcha en caravana en coche e bicicleta, dende Monteferro ata Cangas pasando por todos os puntos da ría en conflicto.

Máis información na web da plataforma: www.salvemosmonteferro.org