Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán As entidades veciñais piden a dimisión do alcalde de Nigrán

As entidades veciñais piden a dimisión do alcalde de Nigrán

Correo-e Imprimir PDF
As asociacións de veciños  “A Irmandade” de Priegue,  “Monteferro” de Panxón,  “A Camoesa” de Camos,  “Dunas” de Nigrán e a asociación ecoloxista Salvemos Monteferro presentaron por rexistro no concello de Nigrán, unha solicitude conxunta de dimisión do alcalde Alfredo Rodríguez e o cese dos concellais imputados pola denuncia penal presentada pola fiscalía a semán pasada, para salvargardar a dignidade das institucións públicas locais e acadar unha normal situación de goebernabilidade e xestión que vele polo correcto exercicio dos seus deberes e que garanta os dereitos da cidadanía.

Os colectivos expoñen na súa carta que  o desprestixio e falta de credibilidade dos membros do Goberno Local, desde as primeiras sospeitas ata á súa imputación como presuntos responsables de graves actos delictivos, ven levando ó Concello de Nigrán a unha situación insostible. 
Unha situación que os colectivos tachan de calificalo como "un desgoberno absoluto".
Os colectivos veciñais argumentan que temas importantes, como a recollida do lixo, a ocupación de camiños públicos, a reparación de beirarrúas estragadas e outros pedimentos, formalmente expresados, polas Asociacións Veciñais asinantes, son literalmente aparcados no Rexistro de Entrada sen recibir contestación. Síntomas que evidencian unha clara e patente incapacidade de Xestión da Administración Local, con graves consecuencias para os cidadáns e as cidadás.

PSOE e BNG xa pedirón a dismisión.
Os partidos políticos adiantaron tamén esta semán o cese dos edís implicados e o alcalde para "recuperar a creedibilidade da administración local" mermada polos incidentes dos útlimos meses.