Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Excursións a Vigozoo e Coruña para os máis penquenos

Excursións a Vigozoo e Coruña para os máis penquenos

Correo-e Imprimir PDF
A Concellalía de Xuventude organiza dúas excursións para todos os nenos e nenas do concello de Nigrán. A primeira terá lugar en novembro e a segunda en nadal. O número de prazas dispoñibles para ambas excursións é de 50 con preferencia para as nenas e nenos empadronados en Nigrán.

O Sábado 25 de novembro, visita ao zoo de Vigo. Saída dende a oficina de turismo (á beira das pistas de tenis de Panxón en Gaifar) ás 10 da mañá. Os nenos  e nenas terán que estar ás 9:45 h no punto de saída. Hora de regreso ás 14horas. 
Prezo por neno/a: 5 Euros.

O Sábado 2 de nadal: Excursión a Coruña. Visita aos tres museos científicos (Domus, Planetario e Acuario). Hora de saída as 9 da mañá pero terán que estar ás 8:45 horas. Hora de regreso as 20.30horas. O prezo é de 10€ para empadronados e 15€ para non empadronados. Inclúe transporte, visitas e comida.

Para máis información: 986368734